domingo, 12 de mayo de 2019

A Nosa Reflexión Final

Bos días!
Chega o final do curso e temos que despedirnos, a nosa aventura neste primer ano está a piques de rematar . Foi para nós un pracer poder invertir o noso tempo neste blog, no cal o noso obxectivo fundamental foi o fomento da lectura a través dos valores, esperamos que a todos/as os e as visitantes do noso blog levedes a práctica todo o que vós intentamos transmitir semanalmente, todas esas ideas para mellorar a educación e crecer nun mundo lonxe dos prexuízos e estereotipos e collades un pouco da nosa semente, esa que desexamos que medre día a día nas aulas e na sociedade.
Danós moita pena despedirnos, xa que foron uns meses cheos de aventuras e gañas de aprender e conseguir que vos aprendérades de nós pero só podemos pedir que disfrutedes tanto do noso blog como o fixemos nós cando o íamos creando.
Esperamos que nun futuro próximo podamos retomar este blog cando sexamos futuras docentes e a partir de aquí, do noso blog, seguir loitando por alcanzar o noso obxectivo ademáis de non perder o contacto entre nos, as persoas que formamos este grupo, e cos nosos compañeiros e compañeiras.

Un saúdo e ata pronto rapaces/zas.
Nos vemos nun futuro, moita sorte a todos e a todas!


viernes, 10 de mayo de 2019

Avaliación do noso traballo e das exposicións feitas na aula.

Ola, queridos e queridas internautas! 👋
Hoxe veño a contarvos a miña experiencia facendo este proxecto e a miña opinión sobre os proxectos expostos polos meus compañeiros e compañeiras.
En primeiro lugar, a miña experiencia con todo o realizado ata agora foi moi positiva xa que grazas a isto ampliei os meus coñecementos con respecto as TIC. En segundo lugar, foi un placer traballar co meu grupo xa que a medida que avanzaba o cuatrimestre íbamos collendo máis complicidade e iso notábase á hora de traballar. Con respecto o noso proxecto creo que foi unha boa elección xa que conseguimos alcanzar o noso obxectivo.
Si é certo que tivemos diferentes problemas o longo do cuatrimestre, por exemplo cando elaboramos as actividades multimedia tivemos dificultades para insertar as actividades na web ou no blog entre outras cousas pero fumos solucionando  ditos problemas. Se falamos da exposición , na miña opinión creo que foi unha boa exposición xa que nos gustaba o tema que tratábamos e sabíamos do que falábamos aínda que si que é certo que non controlamos ben o tempo e debido os nervios nos sobraron uns minutos, algo que terei en conta para futuras exposicións.
Tamén debo nomear as exposicións dos meus compañeiros e compañeiras, se tratamos isto creo que en xeral forón unhas boas exposicións xa que cada un/unha de nos traballamos o tema elexido con profundidade e controlábamos os nosos proxectos, si é certo que algún grupo foi demasiado rápido e algún outro centrouse demasiado no informe e menos no proxecto como tal pero aínda así considero que todos e todas nos esforzamos por facer unha boa presentación do noso proxecto.
Deicá logo!
Saúdos!

Lara

jueves, 9 de mayo de 2019

Avaliación das exposicións - Sara

Bos días a todos!
O noso recorrido chega ao final... Pero aínda quedan algunha que outra entrada! Hoxe vos vou a facer unha evaluación xeral, tanto do noso proxecto, incluíndo a exposición oral; como das exposicións dos proxectos doutros compañeiros.

Ao principio do cuatrimestre, tivemos que elexir que proxecto final queríamos facer, e nós eleximos a páxina web educativa, sempre estivemos moi contentas coa nosa decisión, xa que parécenos un recurso moi interesante para traballar calquer tipo de temática. As prácticas que estivemos fixendo ao longo de todo o cuatrimestre, estiveron bastante ben organizadas, non supuxeron ningún agobio de tempo en ningún momento e iso é moi importante. O que sí estivo peor organizado, foi a elaboracion das 4 actividades interativas con 3 recursos, xa que a maioría dos recursos que nos ofrecían ou non funcionaban, ou eran pra facer actividades imprimibles, e polo xeral, tiñan que ser interativas, por sorte puidemos meter algunha imprimible.

Falando do noso proxecto, como xa sabedes, é unha páxina web educativa que trata o fomento da lectura e os valores. Na miña opinión, eu considero que foi un bo proxecto, e que os temas tratados son moi importantes hoxe en día, xa que a maioría dos nenos rehusa ler, entón é imprescindible animalos a hacelo desde pequenos, ademáis, en canto o tema dos valores, taén é moi importante que dende pequenos se lle dea unha educación en valores, para que respeten a todo o mundo independentemente das características físicas, da súa etnia, cultura, relixión, sexo, e das súas preferencias sexuais.

Na exposición oral que realizamos, eu creo que estivmo moi ben, o único malo foi que estábamos moi nerviosas e pensábamos que non nos ía a dar tempo a expor todo o que queríamos, e entón aceleramos un pouco e sonrounos un tempo que poderíamos haber aproveitado, sen embargo, en xeral eu considero que foi unha gran exposición, e como controlábamos moito do tema, foi moi doado de facela.

Xa por último vou a falar da exposición dos demáis compañeiros, eu creo que en xeral, expuseron moi ben, ninguén se pasou do tempo, igual houbo un grupo que o fixeron moi rápido, pero en xeral moi ben todos. Os seus proxectos eran moi interesantes e moi importantes, xa que tamén ían sobre cousas que son imprescindibles que os nenos interioricen dende pequenos.

Ata aquí a miña valoración. Un saúdo!👋👋
- Sara

martes, 7 de mayo de 2019

Avaliación final: Leti

Boas noites, cómo estades?
O noso blog xa esta chegando ao final é por iso polo que a continuación farei unha avaliación tanto do noso proxecto como da presentación dos/as nosos/as compañeiros/as.
En canto ao noso proxecto pareceume moi interesante debido a que o tema que tratamos, o fomento da lectura mediante valores, considero que é moi útil para a educación e moitas veces tense un pouco de lado e tamén aprendimos grazas as prácticas da meteria algunhas ferramentas, como a plataforma Wix , as cales descoñecía.
Con respecto a organización, considero que estiveron ben estructuradas as tarefas que houbo que realizar por sesións, nalgún caso un pouco xusto de tempo pero puidemos acabar o noso proxecto a tempo e estamos satisfeitas co resultado que deu. Este proxecto presentámolo mediante unha exposición na clase apoiándonos nun power point, a pesar de estar algo nerviosas penso que foi ben e en canto as exposición dos/as meus compañeiros/as considero que todos/as puxeron esforzo e entusiasmo neste proxecto, foron exposicións moi boas e completas a pesar de que non había moito tempo.
En conclusión, un proxecto moi útil e interesante no cal foi un pracer participar.
Un saúdo!
 Leti

O noso proxecto final e unha pequena presentación.

Ola a todos e a todas!😄
Cómo estades?
Hoxe vos vimos a comentar sobre o noso informe final final sobre o proxecto, o cal se vos lembrades xa vos presentamos, este era a nosa web educativa.
Neste informe final vos ensinamos unha pequena xustificación dos temas que tratamos, e profundizamos neles, ademais explicamos todas as nosas actividades multimedia, o póster, a Webquest e os booktráilers realizados ata este momento. Ademáis, falamos sobre o contexto onde aplicamos o noso proxecto e como nos será útil para un futuro. Aquí tedes o informe! A ver que vos parece!







Por outro bando , tamén vos deixamos a continuación a presentación realizada con recurso Google Presentaciones , esta presentación nos serviu como elemento de apoio na nosa exposición. Nela podedes encontrar : qué fixemos ,cómo fixemos e porqué fixemos unha web e os temas que eleximos, ademáis de presentar a nosa web e unha pequena opinión persoal.
Esperemos que todo vos sexa do voso agrado!
Volveremos pronto!
Saúdos queridos lectores e lectoras!😚😚



martes, 30 de abril de 2019

Recurso QuizBuilder

1. En Caperruchiña vermella quen persegue a Caperruchiña?
a) o pai                                                   score:0
b) o lobo                                                 score:1      
c) o cazador                                           score:0

2. No conto de Cinderela que obxeto perdeu despois do baile?
a) un zapato de cristal                         score:1
b) unha tarteira                                   score:0
c) unha coroa                                      score:0

3. En Brancaneves e os sete enaniños onde viven?
a) na cidade                                         score:0
b) nun palacio                                      score: 0
c) nun bosque                                      score:1

4. Como sobrevive Brancaneves? 
a) cun bico do príncipe                       score:1
b) cun caramelo                                  score:0
c) cunha pócima                                  score:0

5. A madrastra de Cinderela obrígalle a:
a) estudar                                               score:0
b) limpar                                                score:1
c) Saír de festa                                       score:0

6. Que animal era a bruxa malvada no conto da Sireniña?
a) un polbo                                           score:1
b) unha medusa                                    score:0
c) unha sirea                                         score:0

7.En Caperruchiña vermella, Caperruchiña diróxese a:
a) ao colexio                                         score:0
b) a casa da avoa                                   score:1
c) a unha festa                                       score:0

8. A protagonista da Sireniña chámase:
a) Ariel                                                   score:1
b) Laila                                                  score:0
c) Molpe                                                 score:0

9. Como se coñecen Bela e Besta?
 a) nun baile dunha festa                            score:0
b) na igrexa                                                score:0
c) o pai de Bela era prisionario de Besta    score:1

10. Que relación ten Brancaneves cos sete enaniños?
a) irmáns                                                      score:0
b) primos                                                      score:0
c)amizade                                                     score:1

Recursos para aula

Ola! Aquí estamos outro día máis para comunicarvos novas noticias. Hoxe vos vamos a falar da nosa páxina Web , a cal creamos coa ferramenta TIC ,Wix. Esta plataforma serve para o desenvolvemento dunha web na nube. Foinos sinxela de empregar aínda que foi moi difícil collerlle o truco ao principio xa que non sabíamos como usala e como plasmar as nosas ideas na web.

A nosa Web trata do mesmo tema que traballamos neste blog, o cal é por se non o lembrades, o fomento da lectura en valores. Agora, se falamos da secuenciación didáctica que eliximos para a web, podemos dicir que a dividimos por cursos, como se foran os antigos ciclos de Educación Primaria, aquí vos deixamos unha imaxe da portada para que teñades unha idea de como é:


Dentro de cada curso, atoparedes diferentes actividades multimedia interactivas, algunhas delas, xa publicadas neste blog. Decidimos organizalas por complexidade, de maneira que quedasen as máis sinxelas enriba de todo, e a medida que se baixa, van volvéndose máis complicadas.

No último apartado, podedes atopar os nosos booktráilers, os cales seguramente xa vístedes, e se non o fixestes, a que estades esperando?

Tamén temos diferentes novidades como un pequerrecho dicionario con algúns termos para entender mellor a web. Ademáis tamén podedes encontrar unha pequena presentación onde tedes as diferentes competencias clave do currículum que se traballan coa web e un pequeno vídeo de David Rees cunha canción moi interesante para os máis pequenos e pequenas.
Aquí os deixamos o enlace para acceder a web: https://teampowers123.wixsite.com/aventureiroslectores
Ata Pronto! 👋👋

martes, 23 de abril de 2019

Edilim

Bos días a todos! Hoxe, por último, vou falar da ferramenta Edilim. É unha ferramenta para crear actividades interactivas, ten un amplo abanico de actividades, non só relacionado coa lectura, senón tamén con outras materias. O problema desta ferramenta é que é algo máis complexa de utilizar, xa que nun primeiro momento podes non entender moi ben como funciona, pero se lle colles o truco, resulta moi doada e moi útil. Para utilizala, ao contrario das demáis, esta non se encontra online, senón que tes que descargar unha aplicación, pero apenas ocupa espacio no dispositivo, e ao final compensa moito utilizala. O bo de descargala, é que podes facer recursos sen conexión a internet, o que fai que sume puntos. Ademáis, é unha aplicación que se utiliza en moitos colexios actualmente.

Na miña opinión, traballar con ela custoume bastante ao principio pero unha vez entendín como se utilizaba, foi moi doado, e paréceme moi útil á hora de facer actividades interactivas.

Olesur

Bo día!
Olesur é unha páxina para crear recursos, moi sencilla, na que podes crear actividades non só de ortografía, senón tamén de matemáticas. É moi interesante utilizala como docente para crear fichas imprimibles para que fagan os alumnos na clase. Ademáis, pódense facer fichas con exercicios para todas as edades, dende primeiro ata sexto de primaria. Polo tanto, existe un amplo abanico de recursos para diferentes materias e diferentes idades. Eu persoalmente recoméndoa.
Ata pronto! 👋
- Sara

Kubbu

Ola! Como os dixen anteriormente, agora vou a falar sobre una das ferramentas que utilicei á hora de facer as actividades. Trátase de "Kubbu", é unha ferramenta que está en inglés, pero é moi sencilla de utilizar, tes que facer unha conta, xa sea como estudante, ou como profesor. É unha maneira de crear actividades como docente, de calquera temática, para que os alumnos fagan actividades interactivas.
Un saúdo!
- Sara

Actividades interactivas Sara

Ola rapaces! Hoxe os vou amosar unha serie de recursos creados por min que se poderían utilizar nas aulas de primaria para que utilicen os nenos, de maneira que aprenderían xogando. Dous das actividades están creadas coa mesma ferramenta, que xa os explicarei noutro momento.

Este é o primeiro recurso:


Esta actividade trátase dun dominó, ao entrar no enlace, aparecen primeiramente as instruccións, e posteriormente, aparecen dous opcións, hai que darlle á inferior, a que pon "solve". 

O dominó consiste en que hai fichas, que están divididas á metade, no xogo clásico, nunha metade aparece un número, ou unha imaxe, e tes que facer parellas coa que teña a mesma imaxe/número, de maneira que a finalidade é quedarte sin fichas antes cós demáis. Neste dominó, xógase igual, só que non xogas con outras persoas, e finalidade e completar os títulos dos contos; de maneira que a letra en vermello e o principio do título do conto, e a letra en negro, a continuación.

O segundo recurso, é coa misma ferramenta, e é o seguinte:


Neste recurso, é como o anterior, cando entres, aparécenche as instruccións e inmediatamente xa comeza a actividade. Neste caso, hai tres categorías:
- Princesas
- Aventuras
- Contos de animais
E tes que encadrar cada título do conto, ou da película, na súa categoría correspondente. 

Na miña opinión, paréceme que é unha actividade entretida, e destinada para os maís pequenos, para nenos de segundo de primaria. 

O terceiro recurso é o seguinte:

Este trátase dunha actividade imprimible, na que os nenos, teñen que completar os ocos vacíos coas letras correspondentes, que poden ser b/v ou x/g. Ademáis, o texto sobre o que están trátase dun conto no que trátanse valores como ser amábel e saber dicir "por favor" e "grazas".

Por último, o recurso final trátase dunha actividade, destinada aos máis pequenos, xa que son títulos de contos, e hai que relacionalos cunha imáxe que o represente. 

Ata aquí os meus recursos, espero que os haxan gustado e que os parezan interesantes para utilizar non só na aula, senón en clase. Un saúdo!!👋

Recurso QuizBilder

Outro recurso empregado foi QuizBilder, nesta aplicación pódese facer cuestionarios e a través da resposta que consideren axeitada o alumnado daráselle una puntuación ou outra, concretamente este cuestionario trata sobre os contos tradicionais, dándo unha pista do conto coa oración formulada na pregunta do test e a través diso o alumnado votará man da imaxinación para poder recordar cal das tres opcións será a correcta e finalmente gañará unha puntuación ou outra dependendo do porcentaxe de erros e acertos que comenta. Unha forma divertida de empregar a imaxinación.

Recursos Leti

Outro recurso empregado foi Glogster, un recurso o cal permite facer pósters, coa opción de poder axustar imáxes mesturadas co texto dende distintos formatos, como formas de bocadillos, de cadrados, cadros e moitos máis. Un recurso completo co cal poder captar a atención dos/as nenos/as de xeito correcto. Neste caso, o póster esta formado por unha imaxe visual de fondo a cal é atractiva, isto é importante para poder captar de primeira man a atención dos nenos e nenas unha vez atrapada a súa atención nesa actividade, centraránse no contido, neste caso unha escasa biografía dañgúns e dalgúnhas autores/as galegos/as como Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal.


lunes, 22 de abril de 2019

Actividades interactivas para el aula Leti




Esta actividade é un póster interactivo no cal o alumnado ampliará os seus contidos con respeto aos 
autores/as galegos/as máis destacados e deste xeito trabállanse as obras e o fomento dos escritos en galgo, da literatura clásica e ó  predominio de que cada vez cobran máis importancia no noso día a día e ensinárlles desde nenos/as a importancia disto para que crezan cunha idea da lingua galega.


  Esta actividade pertence ao recurso de Educaplay é consiste en dúas columnas, en cada una delas        hay una serie de palabras, concretamente todas referidas aos valores, eses tan importantes que se        intentan transmitir aos nenos/as dende ben novos. Noutra columna atópanse uns sinónimos a esas         palabras, polo que teñen que unir cada palabra co sinónimo que lle corresponda, polo que deste        xeito enriquecese o vocabulario, trabállanse os valores e interactúan grazas a esta actividade.


Esta actividade consiste nun crucigrama no que se lle dan pistas ao alumnado como imáxes e frases e  a través de estas teñen que averiguar a palabra escondida no crucigrama , se non non capaces tamén   poden pedir alguna pista como ben poder ser que lle den una letra para deste xeito poder completar a 
palabra con máis facilidade, una actividade dinámica e sinxela para terceiro de primaria.





Esta última actividade é de QuizBuilder un cuestionario sobre os contos infantís, entre os que se tratan algún dos máis tradicionais como ben poden ser Caperuchiña Vermella, Cinderela, Brancaneves e algún máis.
A partir disto propóñense una serie de preguntas con tres posibles opción de resposta e en función da opción sinalada recibirá una puntuación ou outra, dependendo si acertou ou non








Entrada recursos multimedia Leti

Un dos recursos elexidos para a realización das actividades propostas foi Educaplay, un recurso que propociona videos tutoriais para poder realizar correctamente as actividades que contén como sopas de letras, crucigramas, adiviñas entre outras moitas, ademáis disto ten outras opción como cores e límite de tempo polo que é un recurso moi axeitado para traballar actividades vinculadas as idades que abarca primaria, tanto para aprender dunha maneira interactiva como para captar dun mellor xeito a atención dos/as máis pequenos/as polo que os/as mestres deberán empregalas cando pretendan transmitirlles contidos ao alumnado xa que é un xeito máis eficaz para a adquisición destes.


sábado, 20 de abril de 2019

ACTIVIDADES MULTIMEDIA INTERACTIVAS _Lara

Ola!
Aquí estamos de novo, por fin vos traio as actividades multimedia interactivas feitas por min, vouvos falar un pouco delas e como podemos usalas.
En primeiro lugar vouvos a falar sobre unha sopa de letras que fixen coa ferramenta TIC chamada PuzzleMaker. Esta sopa de letras consta de 11 palabras , con dita sopa de letras traballamos os valores na aula, algo moi importante xa que un/unha docente por moito que non queira sempre vai educar en valores positivos ou negativos. Se educamos os nenos e nenas en valores conseguiremos que sexan uns futuros cidadáns  que loiten por unha sociedade máis xusta e en igualdade. Ademáis tamén eleximos como tema desta sopa de letras os valores xa que con este Blog fomentamos a lectura e o fomentar a lectura tamén fomentamos valores.

En segundo lugar vouvos a falar dunha actividade multimedia interactiva que fixen coa axuda da ferramenta TIC chamada Calaméo. Con esta ferramenta fixen un conto con actividades ao final , que servirán para que os nenos e nenas traballen o conto e aclaren as súas dúbidas sobre el. Este conto podemos dicir que é un conto Queer e traballamos diferentes valores ademais da transexualidade, entre estos valores están a valentía, a amizade, a igualdade, entre outros. O conto trata a historia dunha nena de 9 anos que ten uns gustos peculiares e vai ter que mudarse por motivos laborais do seu pai. A partir dese momento comeza a gran aventura de Anduriña, terá que superar grandes problemas no seu camiño na nova cidade ata chegar a ser a nen@ feliz e libre que quere ser. A qué esperades a ler  " Voa Voa Anduriña"?
Ademáis con este conto tamén vades practicando a vosa capacidade e compresión lectora e aprenderedes e viviredes a historia coa protagonista.
Espero que vos guste, xa me contaredes!
Aquí vos deixo o link para que podades acceder a el.
Url: https://es.calameo.com/read/005893053de1162905472


Por último vouvos a describir un pouco sobre as dúas actividades que realicei con Educaplay. En primero lugar creei un pasapalabra que trata un amplio abanico de contos tradicionais e películas co seu nome en galego , con este pasapalabra recordamos un pouco de todos os contos e películas que seguramente teñades visto desde Alicia do país das marabillas ata os sete cabritiños, entre outros. Espero que vos sexa útil e divertido para facer un pequeno viaxe a esos contos e películas que teredes que averiguar. Tamén debedes de saber que tedes un número de intentos e un tempo límite pero xa veredes que é moi fácil!
Con esta ferramenta TIC como é Educaplay tamén fixen unha actividade de completar unha lenda, para ser exactos unha lenda galega que se titula " Repasando a peza de roupa negra". Antes de realizar a actividade é recomendable explicar a lenda na clase para que os nenos e nenas sepan de que vai e sepan completala. Con esta lenda practicamos a lectura e tamén aprendemos un pouco da nosa historia, en este caso aprenderemos sobre as nosas lendas galegas.
Aquí debaixo vos deixo os links das actividades para que podades acceder a eles con facilidade.
O pasalabra
Completa a seguinte lenda


Espero que estas actividades vos sexan útiles e vos parecen divertidas, con elas podredes entretervos un ratiño!
Pronto volveremos a estar activas!
Saúdos queridos e queridas internautas!!

CALAMEO_LARA

Boas!
Por último vou a falarvos da última ferramenta TIC que usei, dita ferramenta chámase Calaméo.
Esta ferramenta é un programa que crea publicacións Web interactivas e ofrece un novo método de publicación que ten un amplio abanico de posibilidades e é moi fácil de usar. A partir dun archivo en PDF podemos crear con esta ferramenta:  folletos,revistas,catálogos de ventas, informes anuales ou no noso caso ata un conto para Ed. Primaria.
Calaméo serve para que as persoas podan subir información de todos os temas e facer que toda a xente que visita dita páxina vexan dita información.
Recoméndovos que a utilicedes xa que vos pode ser moi útil para algún dos casos nomeados anteriormente.
Na seguinte entrada que suba vos mostrarei as actividades multimedia que elaborei co axuda das ferramentas TIC descritas nas anteriores entradas.
Un saúdo!

Url de Calaméo: https://es.calameo.com/


martes, 16 de abril de 2019

PUZZLEMAKER_LARA

Ola!
Aquí estamos outro día máis, hoxe vouvos a falar doutra ferramenta TIC que usei para facer a miña actividade multimedia, unha sopa de letras. Esta ferramenta TIC chámase PuzzleMaker. 
PuzzleMaker é unha ferramenta que sirve para crear rompecabezas, é unha ferramenta TIC gratuita, poden usala tanto docentes,estudantes como os pais e as nais. Con PuzzleMaker podes crear e imprimir búsqueda de palabras personalizadas,cruces,rompecabezas matemáticos e moito máis usando a túa propia lista de palabras.
Esta páxina pode sernos útil se queremos facer algo do xa nomeado ademáis de ser fácil de usar.
Para min o seu único inconveniente é que non podes realizar a actividade que crees de forma online.
Espero que vos sexa útil!
Nos vemos, saúdos!






domingo, 14 de abril de 2019

EDUCAPLAY_ LARA

Boas tardes!
Cómo estades ?
Hoxe internautas vouvos falar dunha das moitas ferramentas TIC  que existen para crear actividades multimedia interactivas. Para ser exactos hoxe preséntovos un recurso educativo que me serviu de gran utilidade para realizar dúas das catro actividades multimedia interactivas e ese recurso educativo é Educaplay.


As TIC son a innovación educativa do momento e permiten a os/as docentes e ao alumnado cambios determinantes no traballo diario da aula e no proceso de ensinanza-aprendizaxe dos mesmos. As TIC, están transformando a educación de forma considerable, cambiou tanto a forma de ensinar como a forma de aprender e por suposto o rol do/a docente e do/a estudante. Por iso é tan importante saber manexar diferentes ferramentas TIC.


Esta ferramenta TIC elixida é unas das miñas favoritas xa que en ela podemos elaborar unha amplia variedade de actividades multimedia interactivas. Educaplay podemos decir que é unha plataforma educativa global , a cal destaca en diferentes países, que permite crear e compartir actividades multimedia educativas.

Con está ferramenta podemos traballar na aula calquer materia xa que se organiza por etapas educativas e dentro de cada etapa educativa por cursos e materias. Os xogos ou actividades interactivas realizadas por nos ou por outras persoas elabóranse de forma online e quedan na plataforma para compartilos co resto do profesorado ou alumnado.







A hora de crear actividades interactivas en Educaplay só é necesario rexistrarse. Unha vez dados de alta accedemos ao noso perfil e xa podemos comezar a deseñar as nosas propias actividades. Podemos elaborar actividades en 9 idiomas diferentes. Algunhas das vantaxas que nos proporciona Educaplay é a posibilidade de exportar as actividades para insertalas en plataformas. Outro punto a favor é que estas actividades son auto corrixibles, o cal serve para que o alumnado realice as tarefas desde a súa casa.

Ademáis dita ferramenta conta con unha amplia variedade de actividades entre elas, un ditado, ordenar palabras, sopas de letras, tests, mapas interactivos, presentacións, videos quiz, relacionar columnas, relacionar mosaico, e, finalmente, a ruleta de palabras. As actividades pódense elaborar con enunciados de texto, imaxes e audio, o cal dá un abanico interesante de posibilidades.

En definitiva, é unha ferramenta TIC sinxela e de gran utilidade, se vades a realizar algo do nomeado recoméndovos que a usedes.
Un saúdo, deicá logo!






martes, 2 de abril de 2019

Xa está aquí a nosa Webquest!!!

Ola!
Aquí estamos de novo,hoxe traémosvos a nosa Webquest, a cal fixemos con axuda do recurso  Google Sites. Ca nosa Webquest queremos que os nenos e nenas e en xeral todos e todas  aprendades en valores e igualdade de xénero xa que queremos tratar de conseguir e que o noso alumnado nun futuro non fomente a homofobia, que non lle faga caso aos prexuízos sexistas da sociedade e que respete a todxs por igual. Ademáis do xa nomeado queremos fomentar a lectura e o traballo en grupo.Con Google Sites pudemos facer dunha forma sinxela e rápida esta Webquest chamada Un pouco de lectura en valores!
Veña esperamos os vosos comentarios o respeto e se vos sirve de utilidade!
Saudos 👋

Url da nosa Webquest: https://sites.google.com/view/un-pouco-de-lectura-en-valores/cr%C3%A9ditos-gu%C3%ADa-docente




martes, 26 de marzo de 2019

Recurso usado para os booktráilers

Ola, hoxe vamos a contarvos sobre o recurso usado polo grupo para realizar os diferentes booktráilers, o cal foi Wondershare Filmora 9. Este recurso é un editor de vídeo moi interesante e útil que ofrece aos usuarios e usuarias un amplio camiño de funcións como recortar, añadir música , por efectos e transicións ,entre outros , para poder editar un vídeo. Este recurso nos foi sinxelo de usar e aprendimos a úsalo de forma rápida. A única pega que lle encontramos é que a hora de exportar o vídeo a mp4 , descárgase con marca de auga  xa que a aplicación é de pago. A pesar de todo recomendamos esta aplicación para realizar futuros vídeos. 
Un saúdo
Team Powers

Url para acceder a app: https://filmora.wondershare.com/es/

Resultado de imagen de filmoraResultado de imagen de filmora

domingo, 17 de marzo de 2019

Clara e o rapto do solpor

Ola rapaces e rapazas! Ultimamente estivemos un pouquiño desconcectadas debido aos carnavais, pero volvemos con forza. Eu hoxe os vou amosar un Booktrailer feito por min sobre un libro que pode moi interesante, sobretodo para os máis pequeniños, trata o tema da contaminación, que é moi perigrosa, xa que estamos sufrindo un cambio climático moi importante, e concienciar aos máis pequenos disto é vital para que dende mozos aprendan a coidar o medio ambiente para non estragar o planeta no que van a vivir.  Por aquí abaixo os deixo o booktrailer e espero que vos guste.
Un saúdo.


Sara

miércoles, 13 de marzo de 2019

Os tres ancianos


Bos días! Hoxe decidín facer una entrada nova no noso blog, neste caso é para animarvós a que disfrutedes dun booktrailer feito por mín sobre un conto, neste caso "Os tres ancianos", todas as imaxes insertadas no vídeo foron tendo en conta os dereitos do autor.
Este conto relata una breve historia no que destacan múltiples valores, como  todo o que se pode conseguir grazas ao amor, a humildade e sabiduría e pola contra tamén conta con algún contravalores como o capricho de querer ter canto máis mellor.
En resumo, un conto cheo de aventuras e alegrías, espero que o disfrutedes.
Adiante! Non estades desexando velo?
Leti

domingo, 10 de marzo de 2019

Peter Pan xa chegou o noso blog!!

Boas tardes! Hoxe preséntovos un booktráiler feito por min a partir de vídeos libres de dereitos e fragmentos de películas , todos mencionados nos créditos seguindo as normas APA. O meu booktráiler é sobre o tradicional conto de Peter Pan. Mediante este conto quero ensinarvos todos os valores e contravalores que podemos aprender o lelo, ademais de que podamos descubrir a través deste libro unha gran aventura chea de piratas, seres máxicos, animais exóticos e moito máis. Dentro dos valores podemos encontrar un valor importante como é a valentía, xa que sempre temos que ser fortes e ser capaces de enfrontarnos a todo, a sinceridade, a amistade algo que é primordial sobre todo nos nenos e nenas, o amor, a familia,etc. Dentro dos contravalores destacamos algún como a envexa , un sentimento que todos e todas sentimos algunha vez na nosa vida, o medo de Peter Pan a ser maior xa que ser maior acarrea responsabilidades e moito máis. Listos e listas para comezar a aventura e ler este libro tan divertido? A que esperades?
Un saudo.
Lara😊


martes, 19 de febrero de 2019

Vichedes o noso póster?

Ola! Aquí está, xa temos o noso póster! A qué esperades para ir a velo? Somos Lara, Sara e Leti e vamos a contarvos que contén o noso póster. O noso póster ten diferentes contidos, todos eles relacionados co fomento da lectura nos ámbitos de Ed. Primaria e a escola en valores. Consta de un vídeo de Youtube, diferentes páxinas interactivas e unha aplicación. O vídeo trata sobre o fomento de valores a través de actividades grupais en vez de explicacións de contidos de forma monótona. As diferentes páxinas interactivas nos ensinan contos con valores, os nenos e nenas poden escribir as súas propias historias nunha desas páxinas, noutra delas poden xogar coa lectura e facer diferentes actividades sobre elas... Na aplicación encontraredes diferentes contos e fábulas os cales vos ensinaran unha lección tanto a pais e nais como os nenos e nenas, son ideais para lelos antes de durmir. Ademáis non nos podemos olvidar de que podedes escoitar cancións do grupo " Cantajuegos" e volveredes a vosa infancia. Esperemos que vos guste! Un saúdo! Lara,Sara e Leti.

lunes, 18 de febrero de 2019

Algúns recursos para os máis pequenos 📚😃

Bos días a todos! Hoxe os vou amosar unha serie de recursos que poderían ser de gran utilidad nas aulas de primaria para axudar a que os máis pequenos se interesen pola lectura, e así ir conseguindo o obxetivo de ir conseguindo máis lectores de curta idade.

En primeiro lugar, imos ver cómo atopar un libro na biblioteca; é unha presentación do colexio CEIP Sofía Casanova, a súa biblioteca "bufolector" dispuxo unha organización dos libros, tendo en conta o contido dos libros, así como o tipo de lector. Trátase dunha presentación moi visual, e moi doada de utilizar, xa que o tipo dos libros están marcados con debuxos, e os tipos de lectores cunhas cores específicas para cada grao de dificultade.
Ademáis, as diapositivas explican o significado das etiquetas dos libros, para poder entender a súaorganización e así poder atopalos con máis facilidade. Tamén mostra como acceder ao catálogo da biblioteca mediante internet ou mediante o seu blog. Para finalizar, tamén aparecen unha serie de normas que hai que respetar na biblioteca e as diferentes actividades que se levan a cabo nela.



O seguinte recurso a analizar vai ser outra presentación de diapositivas, pero esta vez é unha gúia de uso dos primeiros lectores electrónicos que tivo a Biblioteca do CEP Xose Mª Brea Segade. Pretendia ser unha axuda para iniciar ao seu alumando no uso dos lectores e libros electrónicos, para que así os nenos se interesen pola lectura. Trátase dunha presentación moi simple cun debuxo dun lector electrónico cuxas partes encontranse enumeradas, para que así sexa mais sinxelo coñecer para que sirven candasúa parte. Utilizar lectores electrónicos é unha maneira moi boa de lectura xa que pódese acceder a moitos libros nun só dispositivo.


Para rematar, o último recurso dos que os vou a falar vai ser dunha páxina interactiva que contén algúns contos para os nenos. Ademáis de ter contos, tamén ten historias audiovisuais e incluso audiocontos, o que axudaría a que os nenos se interesasen polas historias que poden encontrar nos libros e nos contos. As historias que contén son divertidas e cuns rasgos cómicos e cara ao final, atopanse unha serie de actividades para facer sobre a lectura, polo tanto, pode ser unha páxina utilizada por mestres para fomentar a lectura dos nenos. 
Ademáis utilizar a páxina é moi sinxelo xa que está moi ben estructurada e é moi visual. Ao entrar na páxina atópaste cun menú na parte superior para elexir como queres o conto, se mediante un vídeo, un conto ou escrito; e no debuxo aparece o que parece ser un ogro durmindo cunha estantería ao seru carón, na estantería podes elexir o libro que queres ler, e no caso de non encontralos, na parte inferior hai un menú no que aparecen os contos.


- Sara 😄

Tres recursos para fomentar a lectura e a escola en valores

Bos días!
Hoxe vouvos a falar un pouco sobre tres recursos que me chamaron a atención para tratar o tema do noso blog.
En primer lugar , encontrei unha aplicación chamada  "Cuentos infantiles" de Bosque de fantasías, a cal recopila unha serie de contos e fábulas versionados e modernizados o S.XXI , ademáis trae contos novos e innovadores , todos estés enseñan valores xa que todos ensinan unha leción  ou consello. O malo é que debería de ter máis imaxes e que hubera posibilidade de ler en diferentes idiomas.
En segundo lugar, descubrín unha páxina interactiva chamada "La caja de las palabras mágicas". Nesta páxina os nenos e nenas pódense convertir en escritores e escritores de forma temporal xa que nesta páxina seguindo unhas pautas os nenos e nenas poden escribir as súas propias historias sobre temas moi diversos , de tal forma que practican a capacidade lectora e a súa escritura, ademáis de enriquecer o seu vocabulario.
Por último, tamén encontrei unha páxina interactiva que ten por nome " El Tinglado". En esta páxina o alumnado pode encontrar seis historias coas súas respectivas actividades. Estas historias son audiovisuais xa que contan as historias como se foran unha película con substítulos, onde poden utilizar os sentidos do oído e da vista. O que deben facer para mellorar a páxina os seus creadores sería añadir máis historias xa que seis son poucas.
En definitiva , os tres recursos mencionados nos servirían para prácticar e fomentar a lectura e os valores na aula.

Lara.



jueves, 14 de febrero de 2019

Reflexión sobre os 3 recursos (Leticia)

Bos días, hoxe imos falar da importancia dos tres recursos empregados que teñen para o noso proxecto. No meu caso un dos recursos que decidín empregar foi un vídeo de YouTube de "Todos somos maker", neste vídeo aparece un colexio público no cal estaselle a ensinar aos nenos non contenidos de forma teórica de forma teórica e monótona senon una aprendizaxe desde un punto de vista máis dinámico. Este recursos he útil para o noso proxecto porque aínda que non traballen de forma directa con libros ensínannos una forma de traballar a didáctica con eles.











Outro recurso empregado foi os contos con valores para o mundo primaria. Este recurso ten gran útilidade xa que está centrado na lectura (tema principal do noso blog) e aborda os libros dende o ámbito dos valores, da solidaridade, amizade o amor, a igualdade entre outros e deste xeito se ler xa de por sí é divertido agora será moito máis!














O terceiro é último recurso é Ranopla, un proxecto educativo de animación a lectura para nenos e nenas de Primaria. Neste recurso o principal obxectivo é fomentar a lectura dende un punto de vista individual e libre  no cal os/as rapaces/zas escollan libros para ler por pura aficción, sen só ler os libros que lle mandan no colexio. En Ranopla hai un apartado de preguntas sobre contos formuladas por profesionais e apartados nos que os/as profesores/as poden pedirlle aos/as alumnos/as que deixen a súa opinión sobre contos que leron.







viernes, 8 de febrero de 2019

Páxinas web de gran interese

Ola, nesta entrada vouvos falar sobre algunha páxina que pode ser de interese á hora de buscar recursos dixitais para as aulas, sobretodo para a noso obxetivo de fomentar a lectura en valores.
Para comezar, empezarei falando sobre o Espazo Abalar, unha páxina da Xunta onde pódense encontrar un amplo repositorio de recursos con contidos educativos para utilizar en clase ou mesmo na casa, xa que é pública. 
Espazo Abalar, ademáis de conter recursos sobre o fomento da lectura, ten moitos outros para axudar ós nenos con calquer dificultade ou simplemente para mellorar a súa aprendizaxe.

Por outro lado, outra páxina web interesante podería ser Internet en el aula unha páxina que funciona como unha rede social para mestres. Nela hay una serie de recursos como blogs de outros mestres, foros, chats... e inclusive, un enlace direto a Buenas prácticas 2.0, onde podes atopar moitos máis recursos para utilizar en clase. Volvendo á páxina principal, tamén podes atopar tutores virtuales e ademáis, outros mestres aos que pedir ideas, e aportar ti as túas propias.

En definitiva, son dúas páxinas moi interesantes que debería considerar utilizar calquer mestre, non só de primaria, senón tamén de infantil. 

Repositorio recursos Abalar: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazos/recursos
Internet en el aula: http://internetaula.ning.com/

- Sara 😄

miércoles, 6 de febrero de 2019

Algunhas Páxinas Web Interesantes

Ola, son Leticia e nesta entrada imos falar de a importancia que teñen algunas páxinas para o noso proxecto deste blog.
 Na páxina Educalandia.Net  conta con algúns métodos moi interesantes para captar de certa forma a atención dos nenos . A pesares de que non este centrado na lectura presenta actividades moi animadas , dinámicas e cooperativas para ter en conta.
Nesta páxina. destacan as ensinanzas gráficas como por exemplo "Les aventures de piraton", é un recurso en francés, un videoxogo para o aprendizaxe desta lingua nas etapas de primaria.

Por outra parte, destaca a revista "Educación 3.0" debido a que conta con múltiples recursos sobre a educación, abordando fundamentalmente a etapa de primaria. Desde apps para aprender o inglés, ata os xoguetes educativos nas etapas de infantil e primaria e xogos participativos para promover os valores no tempo libre.
Leticia
https://www.blogger.com/u/1/blogger.g?blogID=5144427676918996307#editor/target=post;postID=4709916307630022510
https://www.educalandia.net/

martes, 5 de febrero de 2019

Revisión de Páxinas Web


Ola:
Hoxe vamos a falarvos dalgunhas páxinas web que conteñen recursos que nos poden ser útiles para o noso proxecto: o fomento da lectura en nenos e nenas de Ed. Primaria e a escola en valores.
En primeiro lugar unha das páxinas web que nos poden ser útiles son: Educared. Esta páxina web nos pode servir de utilidade xa que ten diferentes recursos sobre temas moi variados que lle poden interesar aos nenos e nenas para ler aínda que esta web non teña principalmente esa finalidade, desde contos cómo "La niña que sabía caminar al revés", na cal podemos descubrir diferentes puntos de vista do mundo, apreciar o valor da amizade ,investigar sobre a lúa... ata podemos usar recursos sobre diferentes asignaturas da clase que nos poden servir de axuda ademáis de servirnos como ferramenta para fomentar a lectura. E en segundo lugar outra web que nos pode servir de axuda para o noso proxecto é a revista de Educación tres punto cero. Dita revista nos pode axudar no proxecto xa que nos informa sobre libros que poden ser interesantes para ofrecerlles ao noso futuro alumnado e incluso as súas familias e desta forma poder fomentar a lectura xuntos.
Lara


Educación tres punto cero : http://www.educaciontrespuntocero.com









martes, 29 de enero de 2019

Lara

O próposito deste blog é o de tratar de motivar a lectura aos nenos e nenas de Educación Primaria , tamén destacaremos os estereotipos que podemos encontrar nos libros que lemos e intentar fomentar especialmente unha lectura en igualdade de xénero.
Fomentar a lectura é algo moi importante para os nenos e nenas xa que lles axuda a aprender novo linguaxe,coñocer novas cousas, desenvolver a súa imaxinación,despexan e se poden entreter...
Por todo isto e máis decidimos realizar este blog xa que queremos conseguir que todos e todas podan apreciar a lectura e ver o importante e divertida que pode chegar a ser.



Sara 😄

Ola a todos! Este blog vai a ter por obxetivo a concienciación do fomento da lectura, non só nas as aulas de educación de primaria, senón nos nenos e nenas no seu ámbito extraescolar; polo tanto, tamén serve para as familias. Ler é moi importante, e é unha cousa que se está perdendo, debido a que os nenos de hoxe en día non se paran un momento a coller un libro e a ollalo, e a cantidade de aventuras que se están perdendo! Por iso, a nosa misión ao longo dos seguintes meses é intentar aportar unha serie de ideas e recursos para que os máis pequenos descobran o fantástico mundo da lectura e poidan pasar un bo rato divertíndose e ademáis aprendendo, por que cos libros aprendese un montón.

Ademáis, educar en valores é moi importante, xa que con iso, podemos chegar a eliminar os prexuízos de xénero presentes na actualidade, e non só de xénero, senon para que os nenos teñan unha mente aberta dende moi pronto e acepten a todo o mundo, independientemente da súa raza, cor, orixe, cultura, xénero...  Para erradicar ditos prexuizos, convén empezar a educar de maneira axeitada aos máis pequenos e pequenas, xa que supoñen o futuro, e son eles os que van convertir o mundo nun lugar mellor.


Leti

A finalidade deste blog é, xa que o tema do noso proxecto é o fomento da lectura nas aulas de Educación Primaria, dirixirse aos rapaces e rapazas co fin de facerlles ver que a lectura é una vía de escape para refuxiarse é fuxir da realidade, onde sobre todo nos máis pequenos e pequenas a imaxinación, os soños e o entusiasmo son os factores que máis priman por excelencia. 
En conclusión, tratamos de facerlles ver aos máis pequenos e pequenas a lectura como algo entretido,  non como un castigo como o que ven os nenos e nenas cada vez que mandan na escola ler un libro de forma obligatoria.

Experiencias Prácticas

Ferramentas TIC

Benvidos

Ola!👋
O noso grupo chámase Team Powers, e está composto por tres estudantes de primer curso de Educación Primaria. Ao longo deste blog falaremos sobre o fomento da lectura nas aulas de Educación Primaria centrándonos na educación en valores. 

Eliximos este tema xa que consideramos que a lectura é moi importante hoxe en día nas aulas de primaria e ás veces non se lle da a importancia que necesita dito tema. Ademáis tamén queremos tratar os diferentes esterotipos presentes nos contos infantís e intentaremos concienciar aos nenos e nenas desta problemática.



Esperamos que vos guste e que nos axudedes a conseguir o noso obxetivo, vémonos pronto! 😄😄
Fonte: https://reygif.com/media/raton-mickey-84260.gif