domingo, 14 de abril de 2019

EDUCAPLAY_ LARA

Boas tardes!
Cómo estades ?
Hoxe internautas vouvos falar dunha das moitas ferramentas TIC  que existen para crear actividades multimedia interactivas. Para ser exactos hoxe preséntovos un recurso educativo que me serviu de gran utilidade para realizar dúas das catro actividades multimedia interactivas e ese recurso educativo é Educaplay.


As TIC son a innovación educativa do momento e permiten a os/as docentes e ao alumnado cambios determinantes no traballo diario da aula e no proceso de ensinanza-aprendizaxe dos mesmos. As TIC, están transformando a educación de forma considerable, cambiou tanto a forma de ensinar como a forma de aprender e por suposto o rol do/a docente e do/a estudante. Por iso é tan importante saber manexar diferentes ferramentas TIC.


Esta ferramenta TIC elixida é unas das miñas favoritas xa que en ela podemos elaborar unha amplia variedade de actividades multimedia interactivas. Educaplay podemos decir que é unha plataforma educativa global , a cal destaca en diferentes países, que permite crear e compartir actividades multimedia educativas.

Con está ferramenta podemos traballar na aula calquer materia xa que se organiza por etapas educativas e dentro de cada etapa educativa por cursos e materias. Os xogos ou actividades interactivas realizadas por nos ou por outras persoas elabóranse de forma online e quedan na plataforma para compartilos co resto do profesorado ou alumnado.







A hora de crear actividades interactivas en Educaplay só é necesario rexistrarse. Unha vez dados de alta accedemos ao noso perfil e xa podemos comezar a deseñar as nosas propias actividades. Podemos elaborar actividades en 9 idiomas diferentes. Algunhas das vantaxas que nos proporciona Educaplay é a posibilidade de exportar as actividades para insertalas en plataformas. Outro punto a favor é que estas actividades son auto corrixibles, o cal serve para que o alumnado realice as tarefas desde a súa casa.

Ademáis dita ferramenta conta con unha amplia variedade de actividades entre elas, un ditado, ordenar palabras, sopas de letras, tests, mapas interactivos, presentacións, videos quiz, relacionar columnas, relacionar mosaico, e, finalmente, a ruleta de palabras. As actividades pódense elaborar con enunciados de texto, imaxes e audio, o cal dá un abanico interesante de posibilidades.

En definitiva, é unha ferramenta TIC sinxela e de gran utilidade, se vades a realizar algo do nomeado recoméndovos que a usedes.
Un saúdo, deicá logo!






No hay comentarios:

Publicar un comentario