sábado, 20 de abril de 2019

ACTIVIDADES MULTIMEDIA INTERACTIVAS _Lara

Ola!
Aquí estamos de novo, por fin vos traio as actividades multimedia interactivas feitas por min, vouvos falar un pouco delas e como podemos usalas.
En primeiro lugar vouvos a falar sobre unha sopa de letras que fixen coa ferramenta TIC chamada PuzzleMaker. Esta sopa de letras consta de 11 palabras , con dita sopa de letras traballamos os valores na aula, algo moi importante xa que un/unha docente por moito que non queira sempre vai educar en valores positivos ou negativos. Se educamos os nenos e nenas en valores conseguiremos que sexan uns futuros cidadáns  que loiten por unha sociedade máis xusta e en igualdade. Ademáis tamén eleximos como tema desta sopa de letras os valores xa que con este Blog fomentamos a lectura e o fomentar a lectura tamén fomentamos valores.

En segundo lugar vouvos a falar dunha actividade multimedia interactiva que fixen coa axuda da ferramenta TIC chamada Calaméo. Con esta ferramenta fixen un conto con actividades ao final , que servirán para que os nenos e nenas traballen o conto e aclaren as súas dúbidas sobre el. Este conto podemos dicir que é un conto Queer e traballamos diferentes valores ademais da transexualidade, entre estos valores están a valentía, a amizade, a igualdade, entre outros. O conto trata a historia dunha nena de 9 anos que ten uns gustos peculiares e vai ter que mudarse por motivos laborais do seu pai. A partir dese momento comeza a gran aventura de Anduriña, terá que superar grandes problemas no seu camiño na nova cidade ata chegar a ser a nen@ feliz e libre que quere ser. A qué esperades a ler  " Voa Voa Anduriña"?
Ademáis con este conto tamén vades practicando a vosa capacidade e compresión lectora e aprenderedes e viviredes a historia coa protagonista.
Espero que vos guste, xa me contaredes!
Aquí vos deixo o link para que podades acceder a el.
Url: https://es.calameo.com/read/005893053de1162905472


Por último vouvos a describir un pouco sobre as dúas actividades que realicei con Educaplay. En primero lugar creei un pasapalabra que trata un amplio abanico de contos tradicionais e películas co seu nome en galego , con este pasapalabra recordamos un pouco de todos os contos e películas que seguramente teñades visto desde Alicia do país das marabillas ata os sete cabritiños, entre outros. Espero que vos sexa útil e divertido para facer un pequeno viaxe a esos contos e películas que teredes que averiguar. Tamén debedes de saber que tedes un número de intentos e un tempo límite pero xa veredes que é moi fácil!
Con esta ferramenta TIC como é Educaplay tamén fixen unha actividade de completar unha lenda, para ser exactos unha lenda galega que se titula " Repasando a peza de roupa negra". Antes de realizar a actividade é recomendable explicar a lenda na clase para que os nenos e nenas sepan de que vai e sepan completala. Con esta lenda practicamos a lectura e tamén aprendemos un pouco da nosa historia, en este caso aprenderemos sobre as nosas lendas galegas.
Aquí debaixo vos deixo os links das actividades para que podades acceder a eles con facilidade.
O pasalabra
Completa a seguinte lenda


Espero que estas actividades vos sexan útiles e vos parecen divertidas, con elas podredes entretervos un ratiño!
Pronto volveremos a estar activas!
Saúdos queridos e queridas internautas!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario