martes, 23 de abril de 2019

Actividades interactivas Sara

Ola rapaces! Hoxe os vou amosar unha serie de recursos creados por min que se poderían utilizar nas aulas de primaria para que utilicen os nenos, de maneira que aprenderían xogando. Dous das actividades están creadas coa mesma ferramenta, que xa os explicarei noutro momento.

Este é o primeiro recurso:


Esta actividade trátase dun dominó, ao entrar no enlace, aparecen primeiramente as instruccións, e posteriormente, aparecen dous opcións, hai que darlle á inferior, a que pon "solve". 

O dominó consiste en que hai fichas, que están divididas á metade, no xogo clásico, nunha metade aparece un número, ou unha imaxe, e tes que facer parellas coa que teña a mesma imaxe/número, de maneira que a finalidade é quedarte sin fichas antes cós demáis. Neste dominó, xógase igual, só que non xogas con outras persoas, e finalidade e completar os títulos dos contos; de maneira que a letra en vermello e o principio do título do conto, e a letra en negro, a continuación.

O segundo recurso, é coa misma ferramenta, e é o seguinte:


Neste recurso, é como o anterior, cando entres, aparécenche as instruccións e inmediatamente xa comeza a actividade. Neste caso, hai tres categorías:
- Princesas
- Aventuras
- Contos de animais
E tes que encadrar cada título do conto, ou da película, na súa categoría correspondente. 

Na miña opinión, paréceme que é unha actividade entretida, e destinada para os maís pequenos, para nenos de segundo de primaria. 

O terceiro recurso é o seguinte:

Este trátase dunha actividade imprimible, na que os nenos, teñen que completar os ocos vacíos coas letras correspondentes, que poden ser b/v ou x/g. Ademáis, o texto sobre o que están trátase dun conto no que trátanse valores como ser amábel e saber dicir "por favor" e "grazas".

Por último, o recurso final trátase dunha actividade, destinada aos máis pequenos, xa que son títulos de contos, e hai que relacionalos cunha imáxe que o represente. 

Ata aquí os meus recursos, espero que os haxan gustado e que os parezan interesantes para utilizar non só na aula, senón en clase. Un saúdo!!👋

No hay comentarios:

Publicar un comentario