domingo, 12 de mayo de 2019

A Nosa Reflexión Final

Bos días!
Chega o final do curso e temos que despedirnos, a nosa aventura neste primer ano está a piques de rematar . Foi para nós un pracer poder invertir o noso tempo neste blog, no cal o noso obxectivo fundamental foi o fomento da lectura a través dos valores, esperamos que a todos/as os e as visitantes do noso blog levedes a práctica todo o que vós intentamos transmitir semanalmente, todas esas ideas para mellorar a educación e crecer nun mundo lonxe dos prexuízos e estereotipos e collades un pouco da nosa semente, esa que desexamos que medre día a día nas aulas e na sociedade.
Danós moita pena despedirnos, xa que foron uns meses cheos de aventuras e gañas de aprender e conseguir que vos aprendérades de nós pero só podemos pedir que disfrutedes tanto do noso blog como o fixemos nós cando o íamos creando.
Esperamos que nun futuro próximo podamos retomar este blog cando sexamos futuras docentes e a partir de aquí, do noso blog, seguir loitando por alcanzar o noso obxectivo ademáis de non perder o contacto entre nos, as persoas que formamos este grupo, e cos nosos compañeiros e compañeiras.

Un saúdo e ata pronto rapaces/zas.
Nos vemos nun futuro, moita sorte a todos e a todas!


No hay comentarios:

Publicar un comentario