viernes, 10 de mayo de 2019

Avaliación do noso traballo e das exposicións feitas na aula.

Ola, queridos e queridas internautas! 👋
Hoxe veño a contarvos a miña experiencia facendo este proxecto e a miña opinión sobre os proxectos expostos polos meus compañeiros e compañeiras.
En primeiro lugar, a miña experiencia con todo o realizado ata agora foi moi positiva xa que grazas a isto ampliei os meus coñecementos con respecto as TIC. En segundo lugar, foi un placer traballar co meu grupo xa que a medida que avanzaba o cuatrimestre íbamos collendo máis complicidade e iso notábase á hora de traballar. Con respecto o noso proxecto creo que foi unha boa elección xa que conseguimos alcanzar o noso obxectivo.
Si é certo que tivemos diferentes problemas o longo do cuatrimestre, por exemplo cando elaboramos as actividades multimedia tivemos dificultades para insertar as actividades na web ou no blog entre outras cousas pero fumos solucionando  ditos problemas. Se falamos da exposición , na miña opinión creo que foi unha boa exposición xa que nos gustaba o tema que tratábamos e sabíamos do que falábamos aínda que si que é certo que non controlamos ben o tempo e debido os nervios nos sobraron uns minutos, algo que terei en conta para futuras exposicións.
Tamén debo nomear as exposicións dos meus compañeiros e compañeiras, se tratamos isto creo que en xeral forón unhas boas exposicións xa que cada un/unha de nos traballamos o tema elexido con profundidade e controlábamos os nosos proxectos, si é certo que algún grupo foi demasiado rápido e algún outro centrouse demasiado no informe e menos no proxecto como tal pero aínda así considero que todos e todas nos esforzamos por facer unha boa presentación do noso proxecto.
Deicá logo!
Saúdos!

Lara

No hay comentarios:

Publicar un comentario