lunes, 18 de febrero de 2019

Algúns recursos para os máis pequenos 📚😃

Bos días a todos! Hoxe os vou amosar unha serie de recursos que poderían ser de gran utilidad nas aulas de primaria para axudar a que os máis pequenos se interesen pola lectura, e así ir conseguindo o obxetivo de ir conseguindo máis lectores de curta idade.

En primeiro lugar, imos ver cómo atopar un libro na biblioteca; é unha presentación do colexio CEIP Sofía Casanova, a súa biblioteca "bufolector" dispuxo unha organización dos libros, tendo en conta o contido dos libros, así como o tipo de lector. Trátase dunha presentación moi visual, e moi doada de utilizar, xa que o tipo dos libros están marcados con debuxos, e os tipos de lectores cunhas cores específicas para cada grao de dificultade.
Ademáis, as diapositivas explican o significado das etiquetas dos libros, para poder entender a súaorganización e así poder atopalos con máis facilidade. Tamén mostra como acceder ao catálogo da biblioteca mediante internet ou mediante o seu blog. Para finalizar, tamén aparecen unha serie de normas que hai que respetar na biblioteca e as diferentes actividades que se levan a cabo nela.



O seguinte recurso a analizar vai ser outra presentación de diapositivas, pero esta vez é unha gúia de uso dos primeiros lectores electrónicos que tivo a Biblioteca do CEP Xose Mª Brea Segade. Pretendia ser unha axuda para iniciar ao seu alumando no uso dos lectores e libros electrónicos, para que así os nenos se interesen pola lectura. Trátase dunha presentación moi simple cun debuxo dun lector electrónico cuxas partes encontranse enumeradas, para que así sexa mais sinxelo coñecer para que sirven candasúa parte. Utilizar lectores electrónicos é unha maneira moi boa de lectura xa que pódese acceder a moitos libros nun só dispositivo.


Para rematar, o último recurso dos que os vou a falar vai ser dunha páxina interactiva que contén algúns contos para os nenos. Ademáis de ter contos, tamén ten historias audiovisuais e incluso audiocontos, o que axudaría a que os nenos se interesasen polas historias que poden encontrar nos libros e nos contos. As historias que contén son divertidas e cuns rasgos cómicos e cara ao final, atopanse unha serie de actividades para facer sobre a lectura, polo tanto, pode ser unha páxina utilizada por mestres para fomentar a lectura dos nenos. 
Ademáis utilizar a páxina é moi sinxelo xa que está moi ben estructurada e é moi visual. Ao entrar na páxina atópaste cun menú na parte superior para elexir como queres o conto, se mediante un vídeo, un conto ou escrito; e no debuxo aparece o que parece ser un ogro durmindo cunha estantería ao seru carón, na estantería podes elexir o libro que queres ler, e no caso de non encontralos, na parte inferior hai un menú no que aparecen os contos.


- Sara 😄

No hay comentarios:

Publicar un comentario