martes, 30 de abril de 2019

Recursos para aula

Ola! Aquí estamos outro día máis para comunicarvos novas noticias. Hoxe vos vamos a falar da nosa páxina Web , a cal creamos coa ferramenta TIC ,Wix. Esta plataforma serve para o desenvolvemento dunha web na nube. Foinos sinxela de empregar aínda que foi moi difícil collerlle o truco ao principio xa que non sabíamos como usala e como plasmar as nosas ideas na web.

A nosa Web trata do mesmo tema que traballamos neste blog, o cal é por se non o lembrades, o fomento da lectura en valores. Agora, se falamos da secuenciación didáctica que eliximos para a web, podemos dicir que a dividimos por cursos, como se foran os antigos ciclos de Educación Primaria, aquí vos deixamos unha imaxe da portada para que teñades unha idea de como é:


Dentro de cada curso, atoparedes diferentes actividades multimedia interactivas, algunhas delas, xa publicadas neste blog. Decidimos organizalas por complexidade, de maneira que quedasen as máis sinxelas enriba de todo, e a medida que se baixa, van volvéndose máis complicadas.

No último apartado, podedes atopar os nosos booktráilers, os cales seguramente xa vístedes, e se non o fixestes, a que estades esperando?

Tamén temos diferentes novidades como un pequerrecho dicionario con algúns termos para entender mellor a web. Ademáis tamén podedes encontrar unha pequena presentación onde tedes as diferentes competencias clave do currículum que se traballan coa web e un pequeno vídeo de David Rees cunha canción moi interesante para os máis pequenos e pequenas.
Aquí os deixamos o enlace para acceder a web: https://teampowers123.wixsite.com/aventureiroslectores
Ata Pronto! 👋👋

No hay comentarios:

Publicar un comentario