martes, 29 de enero de 2019

Sara 😄

Ola a todos! Este blog vai a ter por obxetivo a concienciación do fomento da lectura, non só nas as aulas de educación de primaria, senón nos nenos e nenas no seu ámbito extraescolar; polo tanto, tamén serve para as familias. Ler é moi importante, e é unha cousa que se está perdendo, debido a que os nenos de hoxe en día non se paran un momento a coller un libro e a ollalo, e a cantidade de aventuras que se están perdendo! Por iso, a nosa misión ao longo dos seguintes meses é intentar aportar unha serie de ideas e recursos para que os máis pequenos descobran o fantástico mundo da lectura e poidan pasar un bo rato divertíndose e ademáis aprendendo, por que cos libros aprendese un montón.

Ademáis, educar en valores é moi importante, xa que con iso, podemos chegar a eliminar os prexuízos de xénero presentes na actualidade, e non só de xénero, senon para que os nenos teñan unha mente aberta dende moi pronto e acepten a todo o mundo, independientemente da súa raza, cor, orixe, cultura, xénero...  Para erradicar ditos prexuizos, convén empezar a educar de maneira axeitada aos máis pequenos e pequenas, xa que supoñen o futuro, e son eles os que van convertir o mundo nun lugar mellor.


No hay comentarios:

Publicar un comentario