Bos días a todos! Hoxe, por último, vou falar da ferramenta Edilim. É unha ferramenta para crear actividades interactivas, ten un amplo abanico de actividades, non só relacionado coa lectura, senón tamén con outras materias. O problema desta ferramenta é que é algo máis complexa de utilizar, xa que nun primeiro momento podes non entender moi ben como funciona, pero se lle colles o truco, resulta moi doada e moi útil. Para utilizala, ao contrario das demáis, esta non se encontra online, senón que tes que descargar unha aplicación, pero apenas ocupa espacio no dispositivo, e ao final compensa moito utilizala. O bo de descargala, é que podes facer recursos sen conexión a internet, o que fai que sume puntos. Ademáis, é unha aplicación que se utiliza en moitos colexios actualmente.
Na miña opinión, traballar con ela custoume bastante ao principio pero unha vez entendín como se utilizaba, foi moi doado, e paréceme moi útil á hora de facer actividades interactivas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario