O próposito deste blog é o de tratar de motivar a lectura aos nenos e nenas de Educación Primaria , tamén destacaremos os estereotipos que podemos encontrar nos libros que lemos e intentar fomentar especialmente unha lectura en igualdade de xénero.
Fomentar a lectura é algo moi importante para os nenos e nenas xa que lles axuda a aprender novo linguaxe,coñocer novas cousas, desenvolver a súa imaxinación,despexan e se poden entreter...
Por todo isto e máis decidimos realizar este blog xa que queremos conseguir que todos e todas podan apreciar a lectura e ver o importante e divertida que pode chegar a ser.
martes, 29 de enero de 2019
Sara 😄
Ola a todos! Este blog vai a ter por obxetivo a concienciación do fomento da lectura, non só nas as aulas de educación de primaria, senón nos nenos e nenas no seu ámbito extraescolar; polo tanto, tamén serve para as familias. Ler é moi importante, e é unha cousa que se está perdendo, debido a que os nenos de hoxe en día non se paran un momento a coller un libro e a ollalo, e a cantidade de aventuras que se están perdendo! Por iso, a nosa misión ao longo dos seguintes meses é intentar aportar unha serie de ideas e recursos para que os máis pequenos descobran o fantástico mundo da lectura e poidan pasar un bo rato divertíndose e ademáis aprendendo, por que cos libros aprendese un montón.
Ademáis, educar en valores é moi importante, xa que con iso, podemos chegar a eliminar os prexuízos de xénero presentes na actualidade, e non só de xénero, senon para que os nenos teñan unha mente aberta dende moi pronto e acepten a todo o mundo, independientemente da súa raza, cor, orixe, cultura, xénero... Para erradicar ditos prexuizos, convén empezar a educar de maneira axeitada aos máis pequenos e pequenas, xa que supoñen o futuro, e son eles os que van convertir o mundo nun lugar mellor.
Leti
A finalidade deste blog é, xa que o tema do noso proxecto é o fomento da lectura nas aulas de Educación Primaria, dirixirse aos rapaces e rapazas co fin de facerlles ver que a lectura é una vía de escape para refuxiarse é fuxir da realidade, onde sobre todo nos máis pequenos e pequenas a imaxinación, os soños e o entusiasmo son os factores que máis priman por excelencia.
En conclusión, tratamos de facerlles ver aos máis pequenos e pequenas a lectura como algo entretido, non como un castigo como o que ven os nenos e nenas cada vez que mandan na escola ler un libro de forma obligatoria.
Benvidos
Ola!👋
O noso grupo chámase Team Powers, e está composto por tres estudantes de primer curso de Educación Primaria. Ao longo deste blog falaremos sobre o fomento da lectura nas aulas de Educación Primaria centrándonos na educación en valores.
Eliximos este tema xa que consideramos que a lectura é moi importante hoxe en día nas aulas de primaria e ás veces non se lle da a importancia que necesita dito tema. Ademáis tamén queremos tratar os diferentes esterotipos presentes nos contos infantís e intentaremos concienciar aos nenos e nenas desta problemática.
Esperamos que vos guste e que nos axudedes a conseguir o noso obxetivo, vémonos pronto! 😄😄
Suscribirse a:
Entradas (Atom)